Programa e cartaz do VII Encontro Internacional Cinema & Território, 2023
Celebrarase o 3 e 4 novembro na Universidade da Madeira e contará coa presencia de Margarita Ledo
No ámbito do VII Encontro Internacional Cinema & Territorio (3 e 4 de novembro de 2023) preténdese discutir o cinema, a partir de unha reflexión sobre a utilización dos métodos audiovisuais como instrumentos de observación, rexistro, transcrición e interpretación antropolóxica, nun estreito diálogo co concepto de territorio. No campo de acción deste encontro convidamos á presentación de comunicacións interdisciplinarias.
En 2023, ano no que o Encontro conmemora o seu 10º aniversario, asumirá un formato híbrido de realización, con transmisión por videoconferencia.
O formato desta mostra dependerá do acordado con cada autor(a), podendo facelo en sala e/ou en livestreaming.
TODA A INFORMACIÓN NA PÁXINA WEB DO ENCONTRO INTERNACIONAL CINEMA & TERRITORIO

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
