Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Ibercom 2013

As implicacións entre os axentes da comunicación, a pesquisa e a transferencia social de resultados no ámbito da formación, para a solución a problemas ou como iniciativas novas de seu, lévannos cara a necesidade de establecer unha sorte de estado xeral dos obxectos contemporáneos de investigación, das experiencias de traballo en curso que aínda non contan coa súa propia tradición e de certas tendencias no pensamento comunicacional contemporáneo.

O exercicio do saber como forma de poder, a reconfiguración da esfera pública como lugar para a diferenza, a interculturalidade e a construcción da igualdade constitúense en retos para este encontro de investigadores e investigadoras da ampla xeografía iberoamericana.

Santiago de Compostela, a cidade-símbolo da viaxe como transformación, é referencia nos estudos americanistas, e a Facultade de Ciencias da Comunicación, sede do Congreso, acolleu, entre outros eventos, o II Congreso iberoamericano de xornalismo dixital (2003), VII Congreso Lusocom (2006), o Congreso fundacional da AEIC (2008) ou o Encontro Real-Code, Comunicación e Desenvolvemento (2011).

Ademais, o Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago ten acumulada unha longa experiencia na organización de cursos de doutoramento con universidades iberoamericanas, como coa Nacional de Tamaulipas (México) ou a Técnica Particular de Loja. Do mesmo xeito, na Universidade de Santiago sitúase o Centro Interdisciplinario de Estudios Americanistas “Gumersindo Busto”, tamén cunha fonda traxectoria de pesquisa sobre as relacións con iberoamérica.

A celebración do IBERCOM 2013 en Galicia da man da AGACOM, para alén de darlle unha maior visibilidade á investigación en Comunicación na Galicia e de materializar o encontro entre académicos, investigadoras e investigadores, vai crear condicións para a cooperación entre ámbitos disciplinares, universidades e países diferentes convocados en torno a Comunicación, cultura e esferas de poder .

Data de inicio: 29/05/2013Data de fin: 31/05/2013Investigadores participantes: Margarita Ledo Andión Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Xosé López García, Xosé Ramón Pousa, Emma Torres Romay, Amanda Paz, María Salgueiro, Francisco Campos Freire, Xosé Soengas, Xosé Pereira, Juan Manuel Corbacho Valencia, Carmen Costa, Silvia Garía Mirón, José Videla, Xosé Rúas Araújo, Valentín Alejandro Martínez, Marcelo Martínez Hermida, Mónica Valderrama, António Holdlfeld, Carlos Arroyo, César Siqueira Bolaño, Clemencia Rodríguez, Enrique Bustamante, Enrique Sánchez, Francisco Sierra, Gabriel Kaplún, Gustavo Cimadevilla, Immacolata Vassallo, Ingrid Steinbach, José Marques de Melo, Kaarle Nordesnstreng, Lucia Castellón, Luis Humberto Marcos, Margarida M. Krohling Kunsch, Miquel de Moragas, Rosa Franquet Calvet, Ulla Carlsson Web del congreso: https://www.estudosaudiovisuais.org/web2017/ibercom-2013/
© 2024 Estudos Audiovisuais