Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Foro Internacional Cine de Pequenas Nacións, Alfabetización Fílmica e Novas Audiencias

Traer para o debate e pór en relación todas as variábeis que poidan contribuír á construción de novas audiencias é o obxectivo deste foro de expertos e expertas de varios países e do medio profesional, académico e creativo. A diferenza, neste caso, establécese arredor das pequenas nacións como espazos comunicativos, do cinema en V.O. e de situacións nas que a lingua propia a pesares de non ser minoritaria está minorizada. Abórdanse, asemade, as políticas da diversidade non soamente como recoñecemento senón como accións concretas que garantan a expresión e a difusión das obras.

O Foro é parte do proxecto do Plan Nacional de I+D+i “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en versión orixinal“(ref. CSO2012-35784. Ministerio de Economía e Competitividade) que desenvolve o Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela baixo a dirección da catedrática Margarita Ledo Andión.

Entidade financiadora: CSO2012-35784. Ministerio de Economía e CompetitividadeData de inicio: 23/04/2014Data de fin: 24/04/2014Investigadores participantes: Margarita Ledo Andión Ana Isabel Rodríguez Vázquez Silvia Roca Baamonde Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Marta Pérez Pereiro , Xaime Fandiño Alonso (USC0, Amanda Paz Alencar, Xosé Soengas Pérez (USC), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (Euskal Herriko Unibersitatea), Steve Blandford (University of South Wales), Demetrio Brisset Martin (Universidad de Málaga), Begoña Gutiérrez San Miguel (Universidad de Salamanca), Vitor Reia-Baptista (Universidade do Algarve), Francisco Sierra Caballero (Universidad de Sevilla), Virginia Villaplana Ruiz (Universidad de Murcia) Web del congreso: https://www.estudosaudiovisuais.org/web2017/foro-internacional-cine-de-pequenas-nacions-alfabetizacion-filmica-e-novas-audiencias/
© 2019 Estudos Audiovisuais