Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Costumismo, humor, melancolía, reflexividade: Impronta de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español

Coincidindo co 50 aniversario do pasamento do escritor coruñés Wenceslao Fernández Flórez (1885-1964) en 2014, o Simposium Costumismo, humor, melancolía, reflexividade: impronta de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español trata de determinar con precisión de que xeito as peculiaridades estilísticas, formais e temáticas, dos Modos de Representación do cinema español da posguerra parten de maneira decisiva da súa impronta literaria.

Alén do estudo das numerosas adaptacións das obras de Fernández Flórez no período que nos ocupa e da idoneidade argumental que demostran para elaborar relatos fílmicos, parece indiscutible que o eco da súa obra literaria convertida, ao transformarse en películas tras a Guerra Civil, en materia sorprendentemente axeitada para metaforizar o desolador panorama da época, a súa maneira de ollar o mundo, crítica e melancólica, costumista e reflexiva, expándense das máis diversas formas practicamente á totalidade do cinema hispano, ata se converter nun dos materiais nutrientes máis destacados á hora de definir con solvencia uns modelos de estilización propios, tanto no que se refire á súa vertente argumental e semántica, como á súa concepción discursiva e visual.

Entidade financiadora: “Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez” (Ministerio de Economía e Competitividade. Goberno de España. CSO2012-34648)Data de inicio: 27/03/2014Data de fin: 28/03/2014Investigadores participantes: José Luis Castro de Paz Fernando Redondo Neira Margarita Ledo Andión Entidades participantes: Grupo Estudos Audiovisuais, Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, Concello da Coruña, Deputación da Coruña, Centro Galego de Artes da Imaxe / Filmoteca de Galicia (AGADIC. Xunta de Galicia)Web del congreso: https://www.estudosaudiovisuais.org/web2017/simposio-wff/?lang=en
© 2024 Estudos Audiovisuais