Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Galicia 1936-2011: Estudos sobre o filme de Carlos Velo

Ledo Andión, M; Ledo Cordeiro, R. & Cayuela, P. (2011)- Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo. Santiago de Compostela: USC, Grupo de Estudos Audiovisuais. 

Galicia 1936-2011. Estudos sobre o filme de Carlos Velo

Serie de 3 estudos sobre ‘Galicia’ (Carlos Velo, 1936), co gallo da aparición, en decembro de 2010, de novas bobinas con material perdido deste filme

Os estudos 1º e o 2º demostran a relación entre as 3 fontes existentes con imaxes de ‘Galicia’:

▪ ‘Galicia’, versión 8 min: a única copia conservada até o de agora, proxectada nas XoCiViGa d’O Carballiño de 1985 (8’07’’)
▪ ‘Ispanija’: filme realizado no ano 1939 pola directora soviética Esfir Shub, montado a partir de imaxes de diversas procedencias, e no que se atopan parte das imaxes rodadas por Velo para ‘Galicia’.
▪ Bobinas: material depositado no CGAI en decembro de 2010 polo profesor Vladimir Magidov. As tres primeiras bobinas, que analizando as colas fotograma a fotograma se corresponden cos números 13694, 13696 e 13697, conteñen 16 minutos de ‘Galicia’. Sen son.

O 3º estudo ensaia unha hipotética reconstrución baseada en indicios derivados da análise das transicións entre secuencias e máis en diversas declaracións do propio Carlos Velo sobre a estructura do filme.

 

Autor/a: Margarita Ledo Andión , Ramiro Ledo Cordeiro, Pablo Cayuela Miguel Año: 2011Titulo: Galicia 1936-2011: Estudos sobre o filme de Carlos Velo Categoría: Libro Otros Ciudad: Santiago de CompostelaEditorial: Grupo de Estudos Audiovisuais
© 2024 Estudos Audiovisuais