Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

XVI Congreso AsHisCom

Organizado por la Asociación de Historiadores de la Comunicación

El XVI Congreso Internacional de la Asociación de Historiadores de la Comunicación tiene lugar este año en Santiago de Compostela, coorganizado por el grupo de investigación de la Facultad de Ciencias de la Comunicación Novos Medios el  26 y el 27 de septiembre de 2019. La integrante del Grupo de Estudios Audiovisuales Ana Isabel Rodríguez participa con la ponencia “Cambios en la medición de audiencias y evolución del consumo audiovisual en España: efectos de la digitalización”.

La historia de la comunicación actualizada

La revolución del mundo digital es una nueva frontera para el conocimiento humano y todas sus dinámicas produtivas e de socialización, tanto nunha dimensión cultural como industrialmente. Desde a súa irrupción, a sociedade global está inmersa nun profundo e constante proceso de cambios que alteraron tanto o xeito de crear e comunicar como o modo de ser e convivir. Os novos medios e instrumentos de comunicación non só transformaron a nosa forma de percibir e de contar a realidade, senón a estrutura das relacións sociais, a circulación de información entre emisores e audiencias en calquera contexto, o intercambio comercial entre produtores e consumidores, o debate entre axentes políticos, sociais, económicos e culturais na esfera pública, as rutinas produtivas e de difusión de contidos audiovisuais, a forma de representar conceptualmente o mundo que nos rodea e, en definitiva, tamén de sentir, de pensar e de vivir.

Porque as redes e os medios dixitais, de feito, crearon unha nova sociedade, na que a innovación tecnolóxica asociada á comunicación cibernética e á virtualidade mediática son algunhas das características deste gran seísmo dixital que está sacudindo os alicerces sobre os que se sostén o sistema produtivo de comunicación moderno. Este feito afecta moi especialmente aos medios de comunicación tradicional, mentres emerxe un novo panorama transmediático no que o xornalismo clásico e o discurso informativo serio e rigoroso perdeu presenza fronte a modelos comunicativos simplificadores que banalizan ou desprezan a realidade dos feitos, ou que promoven a desinformación e a propaganda ao servizo de causas manipuladoras que perverten o sentido democratizador de internet.

Con todo, o rápido desenvolvemento das estruturas tecnolóxicas e todas as canles, os soportes, as redes, as linguaxes e os códigos asociados aos últimos avances nos novos formatos tecnolóxicos dixitais fan necesaria unha reflexión sobre o significado do novo desde unha perspectiva histórica e aconsellan facer historia sobre os medios dixitais que apareceron e proliferaron nos últimos 25 anos, con abordaxes que analicen a complexidade da revolución tecnolóxica da comunicación e os transcendentais cambios desde os seus inicios ata os nosos días. De aí a necesidade de promover o estudos académico dos medios dixitais cunha mirada cara ao pasado, tratando de comprender a súa evolución, tanto nunha dimensión sincrónica como diacrónica, e comparar este revolucionario fenómeno co xurdimento doutros novos medios noutra épocas históricas nas que as súas sociedades tamén viron alterada a súa percepción e modelo de representación da realidade, así como o seu propio modo de vida.

Título del curso: XVI Congreso AsHisComDescripción: Organizado pola Asociación de Historiadores da ComunicaciónFechas: 26/09/2019 - 27/09/2019Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación - USC
26/09/2019Facultade de Ciencias da Comunicación - USC
Descargas
Mediateca
© 2024 Estudos Audiovisuais