Vía Láctea Editorial acaba de editar o DVD Los que no fuimos a la guerra, de Wenceslao Fernández Flórez: de la novela al film. Entrevista con Julio Diamante, vinculado ao Proxecto de Investigación Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648. Mineco – Goberno de España), co apoio da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
Trátase dunha extensa e fecunda entrevista co cineasta Julio Diamante, realizada en Bilbao no mes de decembro do pasado por José Luis Castro de Paz –Investigador Principal do Proxecto–, Santos Zunzunegui –membro do Equipo de Traballo– e Íñigo Larrauri –autor dunha recente tese de doutoramento sobre a obra de Diamante– na que ao longo duns setenta minutos o director ofrece importantes reflexións sobre a súa traxectoria cinematográfica, centrándose especialmente na súa destacada película Los que no fuimos a la guerra (1961), adaptación da novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez.
Xunto á entrevista, preséntase no DVD unha filmografía completa do director, incluíndo fichas técnicas e información dos seus proxectos non realizados.
Na súa interdisciplinariedade, os estudos sobre a paisaxe sonora das nosas cidades poden dicirnos moito acerca do xeito en que vivimos e, máis aínda, como facelo dun xeito más atento, empático e común. No día 16 de xuño teremos ocasión de reflexionarmos na USC sobre estas temáticas na xornada Soundscapes: Cartografías sensoriais e paisaxes sonoras, […]
The XIV Lusocom Congress will be held in Porto on 25-26 October and will be organised by the University of Porto in collaboration with Sopcom (Associação Portuguesa de Ciências da Comunicação). The theme of this edition recognises that, as a result of the massification of digital media, the cultural transformation of our societies is triggering […]
The University Institute of Spanish Cinema of the Carlos III University of Madrid (IUCE-UC3M) is holding a two-day seminar entitled “Audiovisual democratic memory. Extraterritoriality and resistance”. It will take place at the Cervantes Institute in Paris on Thursday 5 and Friday 6 May. The aim is to invite reflection on the signs of political and […]