A influencia que a crise económica está a ter na orde xeopolítica e das comunicacións constitúe o tema central da edición de 2013 do Congreso da Asociación Internacional de Estudos en Comunicación Social (IAMCR, nas siglas en inglés), que se celebra en Dublín do 25 ao 29 de xuño. A seguir coa labor de difusión dos avances do Proxecto de Investigación “Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das pequenas cinematografías en versión original.”, cinco membros da equipa da investigadora participan no congreso con dúas comunicacións relacionadas co eido do estudo. Así, o mércores 26 de xuño, os doutores Margarita Ledo, Antía López e Enrique Castelló presentan “Small European Cinema in Original Versión as a ‘Creative Destruction’ paradigm”.
As investigadoras MartaPérez e Silvia Roca interveñen o xoves 27 de xuño coa ponencia “Role models in small cinemas. Strategies of creativity to survive in a global market”.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
