Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Comezan as proxeccións de ‘Los dos exilios’

O ciclo terá lugar durante abril e maio no cine Doré

02/04/2019

‘Sierra de Teruel’ (L’Espoir, André Malraux, 1939) e ‘Verbena’ (Edgar Neville, 1941) abren hoxe o ciclo da Filmoteca Española ‘Los dos exilios’, que explora a pegada do cinema republicano trala Guerra Civil española. A presentación correrá a cargo de José Luis Castro de Paz, membro do Grupo de Estudos Audiovisuais, xunto con Josetxo Cerdán e Miguel Fernández-Rodríguez Labayen, comisarios desta escolma. As proxeccións terán lugar no cine Doré durante os meses de abril e maio, reunindo, por vez primeira e cunha ollada ampla, os exilios internos e externos na produción cinematográfica desde a fin do conflito armado até a morte do ditador.

Trala Guerra Civil, as fértiles formas republicanas da cultura cinematográfica española encontraron vías de subsistencia tanto fóra como dentro do país. Esta hipótese -a presenza dunha esencial pegada republicana, nacional popular, no cinema español mesmo desde o primeiro franquismo- xunto coa investigación universitaria e a conmemoración do 80 aniversario do fin da Guerra Civil, substenta ‘Los dos exilios’. Esta programación inclúese dentro do proxecto de investigación Cartografías del cine de movilidad en el Atlántico Hispánico, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade e co-financiado con fondos FEDER.

A escolma

Entre os 22 filmes seleccionados destacan as monumentais ‘Sierra de Teruel’ (André Malraux, 1939), promovida polo goberno republicano mais estrenada xa fóra de España, e a hispano-mexicana ‘En el balcón vacío’ (Jomí García Ascot, 1962), experiencia fílmica construída a partir de dolorosas lembranzas fragmentarias, financiada e realizada por españois transterrados.

Tamén estarán presentes títulos que reflicten o traballo de realizadores, guionistas, intérpretes e produtores no exilio, como Luis Buñuel e Luis Alcoriza (‘La hija del engaño’, 1951); Carlos Velo (‘Torero’, 1956); Angelillo (‘Mi cielo de Andalucía’, Ricardo Urgoiti, 1942); Miguel de Molina (‘Esta es mi vida’, Ramón Viñoly Barreto, 1953); María Casares (voz en off de ‘Guernica’, Alain Resnais e Robert Hessens, 1950); Jacinto Esteva (‘Notes Sur l’émigration’, 1962), Fernando Arrabal (‘Viva la muerte’, 1971) ou Jorge Semprún (‘Les deux mémoires’, 1973).

Igualmente, a escolma contempla outros filmes que dán conta dos modos e formas en que os cineastas que permaneceron en territorio español trataron de referirse, de maneira máis ou menos metafórica e discreta, á súa vinculación coa II República, así como ao “exilio interior” que sufrían. De tal xeito, componse unha heteroxénea selección que inclúe obras das novas xeracións formadas nos anos 30 (Antonio Román, Carlos Serrano de Osma, Arturo Ruíz Castillo); dos ‘rexeneracionistas’ dos 50 (‘El malvado Carabel’, Fernando Fernán-Gómez, 1955); do Novo Cinema Español (‘Nueve cartas Berta’, Basilio Martín Patino, 1962); e de exiliados interiores (‘El espíritu de la colmena’, Víctor Erice, 1973).

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais