Call for papers: Congreso Internacional “O home que quixo crear: Literatura, xornalismo e cinema na obra de Wenceslao Fernández Flórez”
Os días 20 e 21 de outubro de 2016, A Fundación Wenceslao Fernández Flórez, co apoio da Deputación da Coruña, os Concellos de Cambre e A Coruña e as Universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, celebrará o Congreso Internacional O home que quixo crear: Literatura, xornalismo e cinema na obra de Wenceslao Fernández Flórez.
O obxectivo do encontro consiste nunha ampla relectura da significación da obra e a personalidade de Wenceslao Fernández Flórez congregando novos puntos de vista acerca da decisiva transcendencia cultural do autor galego en diversos eidos: a súa obra literaria, a súa dimensión xornalística, as súas determinantes vinculacións cinematográficas, así como o contexto histórico, artístico e cultural no que se desenvolveu a súa obra.
O Comité Organizador do Congreso chama á participación de especialistas e investigadores na materia, que poderán enviar a súa proposta ata o vindeiro 31 de maio.
Datas clave:
31 de maio de 2016: Fin de prazo de recepción de propostas
30 de juño de 2016: Confirmación de propostas aceptadas
1 de setembro de 2016: Fin de prazo para a formalización de inscrición
1 de setembro de 2016: Fin de prazo de recepción de textos completos
20 e 21 de outubro de 2016: Celebración do Congreso
A continuación, achéganse as bases completas da convocatoria:
CALL FOR PAPERS. CONGRESO INTERNACIONAL O HOME QUE QUIXO CREAR
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
O vindeiro venres, día 10 de abril, Sara Calvete Lorenzo, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defenderá a súa tese doutoral. A defensa terá lugar na Sala de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela ás 11h. A tese, dirixida pola profesora da mesma facultade Antía […]
