Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

XIX Encontros de Cinema de Viana do Castelo

Do 7 ao 12 de maio de 2019

Os Encontros de Cinema de Viana, organizados pola Associação AO NORTE e pola Câmara Municipal de Viana do Castelo, constitúen  unha experiencia única para a formación, debate e convivencia de estudantes de cinema, investigadoras/es, e público xeral de Portugal e Galiza, enriquecido coa participación activa de profesionais do medio artístico.

Este espacio de exhibición, divulgación e reflexión aposta fortemente pola aproximación ao público máis novo, por convocar un espectro amplo e plural de participación e por estimular o traballo creativo sobre a imaxe e o seu poder para representar o que nos rodea.

A XIX edición dos Encontros terá lugar en Viana do Castelo do 7 ao 1o de maio de 2019 

 AO NORTE – Associação de Produção e Animação Audiovisual,  é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en decembro de 1994. Ten por finalidade a produción e divulgación audiovisual, amais da cooperación para o desenvolvemento, na área do ensino a educación e a cultura, especialmente a través da divulgación das realidades dos países en vías de desenvolvemento.

Descrición: Organizados pola Associação AO NORTE e pola Câmara Municipal de Viana do CasteloDatas: 07/05/2019 - 12/05/2019Lugar: Viana do Castelo (Portugal)
07/05/2019Viana do Castelo (Portugal)
Descargas
Mediateca
© 2024 Estudos Audiovisuais