Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Cando as mulleres filman: o documental na península ibérica e no continente latinoamericano

Coloquio Internacional parte do proxecto GAPP ('Genre et Arts dans une perspective Poét(h)ique et Politique')

O coloquio internacional terá lugar na Universidade de Grenoble-Alpes (2-3 de outubro) e na Universidade de Lyon 2 (4-5 de outubro). Cando as mulleres filman: o documental na península ibérica e no continente latinoamericano‘ contará ademais coa participación da catedrática de Ciencias da Comunicación e Publicidade, Margarita Ledo Andión, quen intervirá como relatora.

Este coloquio internacional e interuniversitario terá como obxecto o estudo da produción documental realizada por mulleres dos países da península ibérica ou do continente latinoamericano. Ten como obxectivo repensar, nunha perspectiva transdisciplinaria, os marcos epistemolóxicos da análise da imaxe documental. O coloquio indagará polas diversas maneiras en que os documentais, que son asignados á dobre marxinalidade do documental e da condición das mulleres, operan como operacións de intelixibilidade do mundo.

EIXOS PRINCIPAIS

  1. Historia e política: o documental de mulleres como toma de posición nun determinado contexto político, incluíndo o punto de vista dos efectos coloniais e post-coloniais.
  2. Documentar os corpos: detrás ou diante da cámara, o documental como ferramenta de estudo, interrogación, reivindicación.
  3. Estética do cine: partindo da marxinalización constatada, a inventiva formal dos documentais de mulleres na historia do cine documental.
  4. Pensar o cine e escribilo: retorno aos escritos de pensadoras de fala hispana ou portuguesa, de onte e de hoxe.
  5. Cine documental, artes e performance: experiencias personais e experimentacións formais.
  6. A cuestión dos arquivos: estado actual, políticas culturais, desafíos estratéxicos.
  7. Interseccionalidade e cuestións LGBTI+: historicidade e novas perspectivas teóricas e prácticas.

O coloquio forma parte do proxecto GAPP («Genre et Arts dans une perspective Poét(h)ique et Politique») co-organizado por Idoli Castro (Lyon 2) e Sonia Kerfa (UGA).

+info. convocatoria en francésespañol  e portugués.

Título do curso: Cuando las mujeres filman: el documental en la península ibérica y en el continente latinoamericanoDescrición: Coloquio Internacional parte do proxecto GAPP ('Genre et Arts dans une perspective Poét(h)ique et Politique')Datas: 02/10/2019 - 05/10/2019Lugar: Universidade de Grenoble-Alpes (2-3 octubre) / Universidade de Lyon 2 (4-5 octubre)Inscrición: https://ilcea4.univ-grenoble-alpes.fr/actualites/quand-femmes-filment-documentaire-peninsule-iberique-et-continent-latino-americain
02/10/2019Universidade de Grenoble-Alpes (2-3 octubre) / Universidade de Lyon 2 (4-5 octubre)
Descargas
Mediateca
© 2024 Estudos Audiovisuais