Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Ábrese o prazo de presentación de propostas ao Prémio PrimeirOlhar

Recoñece os mellores documentais realizados por estudantes de cinema e audiovisual no ámbito lusófono

20/01/2020

Os Encontros de Cinema de Viana abren un ano máis a convocatoria de presentación de candidaturas aos Premios PrimeirOlhar, unha sección competitiva que procura promover a realización de documentais co recoñecemento do mellor filme de non ficción desenvolvido por estudantes de escolas de cinemas, de audiovisual,  comunicación e de participantes en cursos de documental promovidos por distintas entidades de Galicia, Portugal, Brasil e doutros países da área lusófona.

Poden participar filmes producidos entre xaneiro de 2019 e marzo de 2020, con duración inferior a 30 minutos, e fosen ou non realizados no contexto escolar. O prazo para a presentación de propostas vence o 30 de marzo e non hai límite para o número de obras que cada realizador/a pode presentar.

O regulamento para a presentación de traballos e o formulario de inscrición están dispoñibles en liña.

Os Encontros de Cinema de Viana, organizados pola Associação AO NORTE e pola Câmara Municipal de Viana do Castelo, afírmanse como unha experiencia única no medio cultural da rexión e do país, ao proporcionar un espazo común de convivencia, formación e debate en que conflúen estudantes de cinema e das escolas da área, cineclubistas de Portugal e Galicia e público en xeral, enriquecido coa participación activa de profesionais do medio artístico.

Este espazo de exhibición, divulgación e reflexión aposta polo chamamento á mocidade, pola convocatoria dun amplo espectro de públicos e polo estímulo do traballo creativo sobre a imaxe e a consciencia do seu poder para a representación da realidade.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais