A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Cluster Audiovisual Galego (Clag) asinaron o martes 19 de maio en Santiago, un convenio marco de colaboración para favorecer a cooperación entre ambas entidades de cara a celebración de actividades de carácter cultural, científico, pedagóxico e de investigación. A sinatura formalizárona o reitor da USC, Juan M. Viaño, e o presidente do Clag, Andrés Barbé.
Tanto o Clag como a USC xa veñen colaborando en diferentes actividades, como o deseño dun Máster de Innovación e Creatividade aplicadas á Comunicación Dixital)para o curso académico 2017-18, e están decididas a continuar cooperando nos campos formativos, científicos e técnicos de interese común, incluíndo a participación en proxectos conxuntos, tanto de ámbito nacional como internacional. Neste sentido, consideran que a colaboración mutua pode mellorar as actividades ás que se dedican por separado e producir unha optimización dos seus recursos.
Por iso establecen un amplo marco de cooperación, que abrangue a execución de proxectos e programas de investigación e desenvolvemento a realizar entre os institutos e centros da USC e do Clag, a cooperación en programas de formación de persoal investigador e técnico, o asesoramento mutuo, a organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación, a docencia e o desenvolvemento tecnolóxico, o intercambio de persoal por tempo limitado e cantas outras sexan consideradas de interese mutuo.




Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
