Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Lusofonía: Interactividade e Interculturalidade

Os países lusófonos constitúen un espazo xeo-lingüístico plural e asimétrico cun fío común, unha partilla de linguas do mesmo sistema lingüístico de inestimábel valor de uso –e de cambio– para a circulación de produtos das industrias culturais.

O proxecto de Investigación e Desenvolvemento “Lusofonía, Interactividade e Interculturalidade”, trata de localizar as barreiras, con e para alén da cuestión lingüística que obstaculizan esa realidade potencial.

Para iso, márcanse as seguintes pautas:

  1. Elaborar unha mostra tipolóxica, que inclúa ficción cinematográfica e televisiva en formatos diversos, documental e animación, a partir dos catálogos que ofrecen as empresas audiovisuais.
  2. Efectuar unha análise de contidos consonte ás categorías localizadas. Realizar unha sistematización de certos motivos e modos na dramaturxia, que puideran funcionar como indicadores da posta en escena e dos estilos dominantes na creación audiovisual en Galicia.
  3. Analizar comparativamente a recepción que os membros dos grupos fan destes produtos e compor unha clasificación temática, formal e tipolóxica dos produtos que circulan mellor.
  4. Extraer, das conclusións desta análise, resultados e recomendacións para a súa aplicación neste ámbito, configurado por un elo lingüístico que non se ten incorporado de maneira habitual aos debates do intercambio de persoas, ideas e produtos na mundialización.
Entidade financiadora: Xunta de Galicia. Programa IN.CI.TEData de inicio: 02/10/2008Data de fin: 31/10/2011I.P.: Margarita Ledo AndiónEntidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Beira Interior (Covilha, Portugal), Pontificia Universidade Católica do Río Grande do Sul (Porto Alegre, Brasil), Universidade Federal da Bahia (Salvador de Bahia, Brasil) Universidade Lusófona de Guiné Bissau (Guiné Bissau)
PUBLICACIÓNS RELACIONADAS
Lusofonía, interactividade e interculturalidade
© 2024 Estudos Audiovisuais