Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Dous libros do I+D+i sobre o cinema español posbélico serán presentados o día 27 de febreiro na Fundación Wenceslao Fernández Flórez

16/02/2015

O vindeiro venres 27 de febreiro a Casa Museo, Centro de Estudos e Sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez acollerá a presentación dos libros Tragedias de la vida vulgar. Adaptaciones e irradiaciones de Wenceslao Fernández Flórez en el cine español e El malvado Carabel: literatura y cine popular antes y después de la Guerra Civil, froito do resultado dalgunhas das principais liñas de investigación que se están a desenvolver no Proxecto de Investigación Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da impronta de Wenceslao Fernández Flórez (CSO2012-34648, Plan Nacional de I+D+i 2013-2015, Mineco – Goberno de España).
Editado por Shangrila e coordinado por José Luis Castro de Paz, José María Folgar de la Calle, Fernando Gómez Beceiro e Héctor Paz Otero, Tragedias de la vida vulgar. Adaptaciones e irradiaciones de Wenceslao Fernández Flórez en el cine español recolle as actas do Simposium Internacional Costumismo, humor, melancolía, reflexividade: Impronta de Wenceslao Fernández Flórez no cinema español, eixe fundamental do Proxecto no que os máis prestixiosos especialistas na obra literaria de Fernández Flórez e destacados historiadores do cinema afondaron na decisiva influencia da obra do escritor galego na conformación de certos modelos de estilización no cinema español posbélico. Por outra banda, o segundo volume constitúe un rigoroso estudo de José Luis Castro de Paz e Héctor Paz Otero sobre as destacadas adaptacións fílmicas acometidas por Edgar Neville en 1935 e Fernando Fernán-Gómez en 1955 da novela El malvado Carabel, erixíndose así como singular ponte entre o mellor cinema popular republicano e a crispada resposta ante o horror franquista do cinema máis rebelde dos anos cincuenta. Publicado por Vía Láctea Editorial, o libro é ademais o número inicial da colección Cuadernos de Cine y Cultura Posbélica Española, creada para a difusión dos estudos abordados polo Proxecto, co patrocinio da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
O Investigador Principal do Proxecto e Presidente da Fundación Wenceslao Fernández Flórez, José Luis Castro de Paz, aproveitará a ocasión para presentar os obxectivos e negociacións inmediatas da institución. Firmaranse ademais convenios de colaboración co Grimh e a AEHC.
Xunto ós autores, asistirán ó acto a vicepresidenta da Deputación da Coruña Mariel Padín, o alcalde de Cambre Manuel Rivas Caridad, o presidente da Asociación Española de Historiadores do Cinema Julio Pérez Perucha, o presidente honorífico do Grimh Jean Claude Seguin e os presidentes de honra da Fundación WFF Wenceslao e Antonio Luis Fernández Flórez.

COMUNICADO. INVITACIÓN

MÁIS NOVAS
Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”
A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC
12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o […]

Seguir lendo
30 aniversario da AGAPI
A segunda xornada terá lugar o mércores 17 de abril na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
12/04/2024

Neste 2024 AGAPI celebra o seu 30 aniversario e unha das accións que vai levar adiante é a celebración dunhas xornadas formativas itinerantes polas tres universidades galegas nas facultades de Ciencias da Información dentro do Grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Vigo (UVIgo) e Universidade da Coruña (UDC). […]

Seguir lendo
Roi Méndez e Rocío del Pilar Sosa presentan The White Book for teaching through virtual TV sets
A comunicación na Open Universiteit tivo lugar o 8 de marzo.
14/03/2024

A conferencia Cloudclass: Innovative teaching with virtual studio technology tivo lugar o pasado 8 de marzo de 2024 na Open Universiteit (Heerlen). Educadores, expertos técnicos e estudantes reuníronse coa fin de afondar no ámbito da tecnoloxía inmersiva e nas súas aplicacións na educación. O evento, que marcou a culminación do proxecto CloudClass: Low Cost, Mobile, […]

Seguir lendo
© 2024 Estudos Audiovisuais