
The Tragedy in Abeyance of Cándida. Emigration and assimilation in the cinema of Niní Marshall
Nos seus escritos sobre cinema, Jean Epstein explicaba poeticamente que todo film contén unha “traxedia en suspenso” que non está explícita na narrativa. Esta idea cinemática guía a análise dos filmes Cándida (1939) e Cándida millonaria (1941), dúas das tres comedias sobre unha criada galega en Bos Aires dirixidas por Luis Bayón Herrera. Niní Marshall interpreta o papel de Cándida, unha muller que vén de chegar á Arxentina e que retrata en imaxes o estereotipo da galega emigrante. Nos filmes, Cándida enfronta a traxedia de quen acaba de chegar a unha sociedade extraña e a traxedia da asimilación que pon en perigo a identidade da emigrante que quere encaixar na nova sociedade. Este artigo explora a representación, a través da fotoxenia descrita por Epstein, a representación do “outro” invisible- muller, inmigrante, traballadora doméstica e parte dunha minoría étnica- e as contradicións implícitas no seu retrato cómico.
Palabras clave: cine, emigración, asimilación, Galicia, Jean Epstein
