Tautotelevisión, o modelo que define o monopolio da televisión pública galega
O modelo de tautotelevisión da Televisión de Galicia (TVG) definido pola repetición temática e polas limitacións industriais, xera un simulacro identitario que contradí o mandato de pluralidade da Lei 9/2011 e a súa superación require contrapesos institucionais, medios libres e participación cidadá activa para romper a circularidade autoreferencial. Así o ente público de televisión caracterízase como un monopolio hiperreal que reconfigura a censura contemporánea mediante estratexias de sedución discursiva e construción de narrativas alternativas (a hiperrealidade de baudrillard). Este sistema converte a TVG nun instrumento propagandístico do poder político, promovendo unha imaxe estereotipada de Galicia, con énfase no ruralismo e certamente elitista que marxinaliza a súa pluralidade social real. A súa eficacia articúlase mediante o control económico, social e de contido.
Autor/a:
Manuel Barreiro Rozados
Ano: 2024Titulo: Tautotelevisión, o modelo que define o monopolio da televisión pública galega
Categoría:
Outros
Título revista/libro: Grial. Revista Galega de CulturaNúmero: 241Páxina inicial: 152Páxina final: 159Cidade: VigoPaís: EspañaEditorial: Editorial GalaxiaISSN: 0017-4181URL: https://hdl.handle.net/10347/42176
