Equipo
Estudos Audiovisuais: Contidos, formatos e tecnoloxía Grupo de Referencia Competitiva do SUG
Manuel Barreiro Rozados
Persoal investigador

Graduado en Comunicación Audiovisual e Máster en Márketing, Consultoría e Comunicación política pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente realiza a súa tese dentro do programa de doutoramento de Comunicación e Información Contemporánea e fai parte do Grupo de Estudos Audiovisuais (G.I. 1786). As súas principais liñas de investigación son os movementos da globalización no eido audiovisual, as plataformas OTT audiovisuais e as televisións públicas, nomeadamente a galega e a portuguesa.

DESTACADOS
PUBLICACIÓNS
La plataforma RTVE Play como servicio público de comunicación audiovisual: un modelo a repensar
2026
Miguel Hernández Communication Journal
A evolución do sector audiovisual tras a popularización do modelo disruptivo das plataformas obrigou aos poderes públicos a actualizar os seus marcos normativos. Neste contexto, os Medios de Servizo Público (PSM) implantaron estratexias corporativas e comerciais para competir con operadores transnacionais, dotados de maiores capacidades económicas e produtivas, subordinando nalgúns…
© 2026 Estudos Audiovisuais