Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Políticas públicas en Educación e Comunicación: Debates e avances

As relacións da cidadanía cos medios de comunicación son cada vez máis complexas e fan necesario planificar e proxectar a educación nun contexto hipermediático, expondo novos retos: na educación intégrase a responsabilidade de formar aos cidadáns para consumir e producir nun ecosistema de medios con capacidades e potencialidades para os novos públicos. Nesta relación estratéxica entre educación e comunicación, as políticas públicas deben fortalecer as condicións que favorezan a capacitación persoal, unindo a creatividade coa comprensión das estruturas, procesos e técnicas que reforcen un consumo crítico. Ofrécese unha panorámica dos avances que se produciron ao redor da alfabetización nos novos medios, a partir dunha análise de contido desde a definición deste concepto pola UNESCO en 1979 ata a actualidade, pasando polo New Curriculum for Teachers on Media and Information Literacy de 2011 e o Mapping Media Education in the World de 2009. Tamén se recollen os principais debates abertos nun contexto global que debe reforzar o valor da diversidade ante o gran desafío da converxencia. O empoderamento da cidadanía é un valor indubidable que favorecerá a súa inclusión cultural e a súa participación crítica na esfera mediática converténdose en prosumidores mediáticos e dixitalizados, para o que as políticas públicas en educación e comunicación deben seguir avanzando e sumando esforzos.

Autor/a: Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Rosa García-Ruiz, Ignacio Aguaded Ano: 2019Titulo: Políticas públicas en Educación e Comunicación: Debates e avances Categoría: Artigo de divulgación Título revista/libro: TrípodosNúmero: 46Páxina inicial: 43Páxina final: 57URL: https://raco.cat/index.php/Tripodos/article/view/369933
© 2024 Estudos Audiovisuais