Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Políticas de comunicación e identidad cultural: estrategias gubernamentales sobre la comunicación social.

«O traballo que nos ocupa constitúe, primeiramente, unha tentaiva de cubrir un campo abandonado pola produción ensaística, o que constitúe a temática das políticas de comunicación. Un abandono que resulta aínda máis notorio se vencellamos esta última a outra temática, a relativa á identidade cultural. Pois ben, constatada a dificultade de achar literatura ao respecto, popoñémonos tomar as políticas de comunicación, vencelladas ao proxecto moi actual por certo, de preservar as condicións de desenvolvemento identitario para un colectivo dado, como obxecto específico do noso estudo. É por iso que consideramos oportuno comezar apelando ás bases disciplinares para elaborar unha noción de políticas de comunicación, en atención -dicimos- a diversas disciplinas que legaron toda unha serie de perspectivas sobre o ámbito en cuestión. Tratouse, pois, de expoñer unha noción de políticas de comunicación que foi, ante todo, unha noción estritamente teórica, da que se beneficiou con posterioridade o discurso e o quefacer político á hora de operar sobre o marco comunicativo».

Autor/a: Antía López Gómez Ano: 2007Titulo: Políticas de comunicación e identidad cultural: estrategias gubernamentales sobre la comunicación social. Categoría: Libro Cidade: Santiago de CompostelaEditorial: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela
© 2023 Estudos Audiovisuais