Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

O xornalista especializado: formación e características

A información especializada nace a partir do propósito xornalístico de abordar en profundidade temas de interese e darlles un tratamento monográfico. A proliferación de ofertas informativas e mailo aumento da competencia obrigou a moitos medios a buscar un lugar no mercado a través da especialización de contidos e a ofrecer productos alternativos á información xeral. Esta tendencia demandaba ademais un prototipo de profesional cunha formación axeitada ás novas esixencias xornalísticas, porque a especialización require non só coñecementos xornalísticos e de redacción senón tamén competencia nos contidos da materia sobre a que se escribe. Pero houbo posturas moi encontradas sobre cal debía se-la formación idónea destes profesionais, e debateuse sobre se debía ser un experto na materia o que redacte a información ou un xornalista especializado no tema, mentres outros sostiñan que un xornalista pode elaborar todo tipo de información sen necesidade de estar especializado, sempre que consulte as fontes axeitadas. Logo chegouse á conclusión de que o retrato idóneo do xornalista especializado é o dun profesional experto nunha área ou un especialista nunha materia con coñecementos xerais de xornalismo, pero sempre un profesional da información.

Autor/a: Xosé Soengas Pérez Ano: 2003Titulo: O xornalista especializado: formación e características Categoría: Artigo científico Número: 2Páxina inicial: 79Páxina final: 87Editorial: Estudios de ComunicaciónISSN: 1578-4916URL: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5442646
© 2024 Estudos Audiovisuais