Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

O tratamento informativo dos acontecementos de relevancia extraordinaria

Os acontecementos informativos de relevancia extraordinaria requiren un tratamento específico debido ás súas características particulares. Hai dúas dimensións que os diferencian das demais noticias: o grande impacto momentáneo que supoñen para a sociedade e as importantes repercusións que teñen. Ambos os aspectos prolongan a vixencia dos feitos, debido, especialmente, ás reaccións que espertan na sociedade, unha circunstancia que alimenta e mantén dun xeito permanente a súa actualidade informativa. Esta característica case sempre converte estes acontecementos nunha noticia de longa duración, na que se van dosificando os datos e ampliando as súas dimensións.

Os feitos informativos de relevancia extraordinaria poden clasificarse en dous grupos, tomando como referencia as súas consecuencias: aqueles que teñen unha repercusión económica e os de carácter social, aínda que, a miúdo, van aparelladas as dúas dimensións. Tamén é importante destacar dous tipos de tratamento informativo que acostuman utilizarse nestes casos: o tratamento xeneralizado, no que se abordan a nivel global as características máis destacadas, e o tratamento personalizado, que consiste en focalizar o feito nun dato ou nun implicado, que logo se pon como referencia do conxunto ou como exemplo extrapolable.

Autor/a: Xosé Soengas Pérez Ano: 2005Titulo: O tratamento informativo dos acontecementos de relevancia extraordinaria Categoría: Artigo científico Número: 3-4Páxina inicial: 147Páxina final: 157Editorial: Estudios de comunicaciónISSN: 1885-6632URL: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5463854
© 2024 Estudos Audiovisuais