Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Netflix comeza o fogo real das ‘Streaming Wars’

Na sexta feira da pasada semana o mundo das plataformas audiovisuais recibía unha nova que, non por agardada, era menos sorprendente: o xigante Netflixsacaba o talonario para facer unha oferta polos os estudos e o catálogo de Warner Bros – Discovery, incluída a súa plataforma HBO por máis de oitenta e dous mil millóns de dólares (se o regulador o aproba, pois, malia o publicado, a compañía da gran ene vermella aínda non mercou nada).

Embora, como nos filmes de Hollywood, onte, a súa rival nesta partida de caza, a Paramount Skydance, contraatacaba cunha oferta de cento oito mil millóns de dólares. As cifras son mareantes, só por dar unha pista: a primeira oferta é máis ou menos o PIB nominal de Luxemburgo, a segunda é case o de Angola segundo o Banco Mundial (2022).

Ano: 2025Titulo: Netflix comeza o fogo real das ‘Streaming Wars’ Categoría: Artigo de divulgación Título revista/libro: Praza.comCidade: Santiago de CompostelaPaís: EspañaURL: https://praza.gal/opinion/netflix-comeza-o-fogo-real-das-streaming-wars
© 2026 Estudos Audiovisuais