Investigar la comunicación en Loja-ecuador
El valor de la formación, producción y consumo
Investigar la comunicación é unha obra colectiva de indagacións de 22 autores na área de estudo da comunicación en Ecuador e a nivel internacional. Para quen non teña información sobre ela, Loja é coñecida tradicionalmente como unha rexión rica en cultura, música, e como unha cidade universitaria. Nela atópase a Universidade Técnica Particular de Loja (UTPL). Desde o ano 2003, a UTPL está impulsando unha serie de estratexias que lle permitan cumprir coa súa misión de “Buscar a verdad e formar ao home a través da ciencia para que sirva á sociedade”. […] O presente libro […] recolle de forma prioritaria o resultado de memorias de investigacións destinadas a obter títulos de mestrado; a estes traballos súmanse outras aportacións de docentes da UTPL e da USC.