Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Getting the mob angry

The satire of Masa Enfurecida as political incorrectness in social networking

Desde a Antiga Grecia os escritores de sátiras son figuras temidas en calquera articulación grupal. A miúdo protexidos polo anonimato, os autores desafiaron a orde política e social cun sentido do humor severo e incompracente, que empurra os límites do politicamente correcto. Esta forma baseada en novas e vida cotiá ten un espazo particularmente axeitado nos novos medios. Twitter, por mor da inmediatez e a esixencia de concisión, podería considerarse unha base perfecta para este tipo de humor. A provocación e a censura de actitudes políticas son obxectivos de moitas contas de twitter cuxos seguidores repiten comentando e retweeteando. A interactividade permite a produción dun texto sen peche entrecrúzase cunha miríade de posicións, diferentes desde a voz do satírito. O meu caso de estudo céntrase na conta de Twitter Masa Enfurecida, que tivo no branco durante cinco anos a vida política e social española citando e revertindo as mensaxes públicas. Con preto de 124.000 seguidores, @masaenfurecida, unha conta anónima, impacta no debate político e inflúe na comunicación popular cando algunhas expresións repetidas se volveron parte da fala cotiá. Os tweets de Masa Enfurecida son pequenas pezas que poden considerarse unha forma de sátira pura, que se transforma en cadeas de respostas e retweets dos seguidores.

Autor/a: Marta Pérez Pereiro Ano: 2017Titulo: Getting the mob angry Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Humor. International Journal of Humor ResearchVolume: 30Número: 1Páxina inicial: 119Páxina final: 137URL: https://doi.org/10.1515/humor-2016-0086
© 2024 Estudos Audiovisuais