Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

El discurso radiofónico. Particularidades de la narración sonora

As características narrativas do relato radiofónico están definidas pola diversidade dos elementos que compoñen a mensaxe. A dimensión sonora da radio implica unhas peculiaridades que a diferenzan dos demais soportes e, asemade, condicionan a construción do relato. Pero tamén é importante analizar por separado as diferentes modalidades discursivas que existen na radio, porque cada unha ten unhas características propias que afectan ao estilo comunicativo e ás normas de redacción. O discurso informativo, o dramático, o preparado e o natural ou espontáneo son as principais variantes. Cada xénero correspóndese cun esquema e cuns códigos específicos. O relato radiofónico admite a narración lineal e a narración paralela. Ambas modalidades determinan a construción do discurso e a decodificación.

Autor/a: Xosé Soengas Pérez Ano: 2005Titulo: El discurso radiofónico. Particularidades de la narración sonora Categoría: Artigo científico Título revista/libro: PRISMA.COM. Revista de Ciencias da Informaçao e da Comunicaçao do CETAC.Número: 1Páxina inicial: 101Páxina final: 127
Descarga a publicación
© 2019 Estudos Audiovisuais