El control gubernamental de RTVE y el pluralismo en los informativos
O obxectivo desta investigación é analizar e comparar os telexornais de etapas diferentes para coñecer as características da política informativa de RTVE durante o último mandato do PSOE e do PP, e ver se os cambios de Goberno e na dirección de informativos influíron na liña editorial da televisión pública. O grao de pluralismo formal rexistrado non se corresponde sempre cun enfoque neutral e cun tratamento rigoroso das noticias. Os datos reflicten que en moitos casos non existe unha correspondencia entre a dimensión cuantitativa e cualitativa do relato. Os resultados da investigación confirman que o consenso político sobre a televisión pública favorece o rigor, a transparencia e o pluralismo informativo, e diminúe a manipulación e a censura.
Palabras chave: televisión, información, manipulación, censura.