Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Do bucle e da fenda. Para un ensaio crítico sobre a cultura galega

«Poderá ser a Real Academia Galega un deses lugares de memoria, de modelos conscientes e inconscientes que terman dese tesouro novo e vello que fai que poidamos compartir o acto de ver, máis aló das individualidades deste ritual, deste taboleiro de trinta persoas que lle dan corpo, que lle dan visibilidade? Como se encaixanestas trinta pezas para unha determinada finalidade, se for preciso encaixalas?

Por pegar na máis recente das fasquías da miña propia obra: cal é o papel docinema?, é só facer películas?, é só engastar determinados materiais de acordo ou11discurso en desacordo cun determinado canon?, que é o que se ve en Santa Liberdade?, acaso só unha viaxe intrépida?, e en Manuel María, fala e terra desta miña terra?,talvez só un poeta que se resente de deixar a amada, a muller, a terra, a fala? ouen Liste, pronunciado Líster?, só un combatente no medio e medio da creba? Talque no da escrita, houbo ou non no eido do cinema o engarzamento cun modelo, a procura de ligames coa obra dos devanceiros».

Autor/a: Margarita Ledo Andión Ano: 2009Titulo: Do bucle e da fenda. Para un ensaio crítico sobre a cultura galega Categoría: Libro Páxina inicial: 7Páxina final: 67Cidade: A CoruñaPaís: Galicia (España)Editorial: Real Academia GalegaISBN: 978-84-87987-73-1URL: https://www.google.com/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&ved=2ahUKEwjyhKjj5LPiAhURkhQKHVy5DKMQFjAAegQIBRAC&url=https%3A%2F%2Facademia.gal%2Fdocuments%2F10157%2F27090%2FMargarita%2BLedo.pdf&usg=AOvVaw1m5y4rMWHrJs3aAaIIpL-g
© 2024 Estudos Audiovisuais