Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Diáspora e experiencia migratoria desde a proposta anovadora dun Novo Cine Galego

A emigración como experiencia de vida, mais tamén como nostalxia e como ferida, conforma o universo semántico de dous filmes que buscan acadar a representación do que está construído coa materia do inefable: os tránsitos vitais, a expresión das emocións, a aprendizaxe do tempo. Esta é a proposta de Vikingland (Xurxo Chirro, 2011) e de A cicatriz branca (Margarita Ledo, 2013), dous títulos que, se ben con certas reticencias no caso de Ledo, se insiren, ademais, no autoproclamado Novo Cine Galego, un fenómeno audiovisual que pula por sumarse ás correntes cinematográficas contemporáneas. Este texto propón unha análise, por separado e tamén en diálogo, dun documentario e unha ficción que presentan escrituras fílmicas construídas en sucesivas capas de sentido. Un mesmo relato da experiencia da diáspora en modelos diverxentes e sobre coordenadas arredadas no tempo e no espazo: o alento épico en que se somerxe o discurso do cotián, en Vikingland, e a representación da ferida emocional a través do xogo coa xestualidade, en A cicatriz branca.

Autor/a: Fernando Redondo Neira Marta Pérez Pereiro Ano: 2013Titulo: Diáspora e experiencia migratoria desde a proposta anovadora dun Novo Cine Galego Categoría: Capítulo de libro Título revista/libro: Anuario Internacional da Comunicación Lusófona I 2013Páxina inicial: 54Páxina final: 66URL: https://www.researchgate.net/profile/Marta_Perez_Pereiro/publication/265474445_Diaspora_e_experiencia_migratoria_desde_a_proposta_anovadora_dun_Novo_Cinema_Galego/links/541012c30cf2d8daaad0cce9/Diaspora-e-experiencia-migratoria-desde-a-proposta-anovadora-dun-Novo-Cinema-Galego.pdf
© 2024 Estudos Audiovisuais