
Cibermedios de proximidad en España y Portugal en las redes sociales: vías para estrechar vínculos en comunidades locales.
A evolución do novo ecosistema mediático durante os últimos dez anos mostra una explosión de cibermedios de proximidade, tanto nativos dixiitais como matriciais. O obxectivo deste artigo é analizar as características das novas formas de establecer vínculos e asentarse dos cibermedios de proximidade, prestando atención á diferenza entre os nativos dixitais e os matriciais. A análise inclúe vías de participación dos cidadáns no produto, estratexias nas redes sociais e índices de seguimento, e iniciativas socioculturais con asociacións ou entidades da comunidade. O procedemento seguido é o estudo de caso e análise de contido de tres medios nativos dixitais españois que sobresaen como novas fórmulas de ciberxornalismo de proximidade (somosmalasaña.com, granadaimedia.com e elporvenirclm.com) e un portugués (setubalnarede.com). Tamén realizamos un repaso dos medios locais do grupo portugués Adriano Lucas, un dos referentes no país veciño e con máis influencia por difusión no sector do ciberxornalismo de proximidade. Este estudo revelará como son poucos os casos de medios que aproveitan as potencialidades do contexto da web 2.0 para dinamizar as súas comunidades dixitais e propiciar ou xestionar o feedback aportado polos seus usuarios/lectores.
