Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Bilogía fílmica machadiana: La sombra de Caín sobre a ¡Hermosa tierra de España!

Xa superado o octoxésimo aniversario do falecemento de Antonio Machado, volvemos a nosa mirada cara a dúas películas cuxos discursos gravitan sobre unha fonda inmersión na súa obra e na súa personalidade. Dirixidas por Arturo Ruiz-Castillo entre o verán de 1952 e a primavera de 1953, La laguna negra xorde como transposición dun romance do poeta sevillano, mentres que o relato posbélico de Dos caminos parece nutrirse dunha tupida invocación alegórica do pensamento machadiano. Escasamente coñecidos e apenas considerados pola historiografía cinematográfica, ambos filmes conforman unha inconfesa bilogía dotada dunha insólita densidade semántica que urxe reivindicar.

Autor/a: José Luis Castro de Paz , Natalia Alonso Ramos, Fernando Gómez Beceiro Ano: 2021Titulo: Bilogía fílmica machadiana: La sombra de Caín sobre a ¡Hermosa tierra de España! Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Signa, Revista De La Asociación Española De SemióticaVolume: 30Páxina inicial: 473Páxina final: 499URL: https://doi.org/10.5944/signa.vol30.2021.26474
© 2024 Estudos Audiovisuais