Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Arqueoloxía(s) do saber

A crítica feminista desde as orixes até a actualidade

«No seu artigo “The Crisis of Naming in Feminist Film Criticism”, publicado en Jump Cut en 1978, Ruby Rich recuperaba os principais eventos e publicacións da crítica cinematográfica feminista da década, así como as estreas dos primeiros filmes feministas segundo a consideración desta crítica. Rich facía así unha pequena arqueoloxía, que se virá repetindo periodicamente neste ámbito, e apuntaba xa desde o mesmo título a unha crise. Esta crise era para a autora un escenario no que, a partir dun arranque explosivo na cantidade e variedade de voces feministas, aínda faltaba por concretar un nome para os filmes realizados por mulleres e cunha temática e estéticas, se non novas, cando menos con vocación de rebelión contra o patrón de representación e a estética ligadas ao patriarcado, que se fixera co canon das imaxes desde os inicios do espectáculo cinematográfico».

Autor/a: Marta Pérez Pereiro Ano: 2018Titulo: Arqueoloxía(s) do saber Categoría: Artigo de divulgación Título revista/libro: A Cuarta ParedeNúmero: 38URL: http://www.acuartaparede.com/arqueoloxias-do-saber-a-critica-feminista/
© 2025 Estudos Audiovisuais