Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Anuário Internacional de Comunicação Lusófona

Medios púbicos e espazo lusófono

A paisaxe múltipla na que se desenvolven os diferentes sistemas públicos de comunicación do espazo lusófono constitúe a cerna do Anuário 2012 que, para alén desta temática alargada e plural canto a ollares, aspectos e obxectos a analizar, aprofunda no debate a redor de cuestións relativas a língua e comunicación, a cibercultura e, nesta ocasión, a medios e integración.

Pensarmos a lusofonía como proxecto material e intelectual de comunicación, como lugar para a posta en relación do coñecemento e como territorio de propostas concretas, lévanos cara a un escenario, o da mundialización só drectrices neoliberais, onde é ben doado perder pé cando se fala da expresión, a información e a comunicación, e dos medios públicos como peza basilar deste dereito cidadá.

A pronta resposta á chamada de traballos lanzada por AGACOM, resposábel xunto coa LUSOCOM do presente número, indícanos que esta comunidade imaxinada, a da lusofonía, éo, cada vez máis, por partillar mensaxes e rituais, por manifestarse a través de bens de cultura e comunicación. Que os ventos lle sexan propicios.
Autor/a: Margarita Ledo Andión , Xosé López e María Salgueiro (Eds) Ano: 2012Titulo: Anuário Internacional de Comunicação Lusófona Categoría: Libro Editorial: AGACOM. Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en ComunicaciónISSN: 2255-2243
© 2024 Estudos Audiovisuais