Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Anais do XI Congreso Lusocom

Ao longo de 2 décadas a LUSOCOM, esta nosa marca-territorio de estima, tal e como recollen os Estatutos da Federaçao, deu como resultado o achegamento das comunidades académicas angolana, brasileira, galega, mozambicana, portuguesa, da Guiné ou caboverdiana, traducida en eventos científicos, en publicacións e na edición do Anuário Internacional de Comunicaçao Lusófona, é dicir, nunha serie de espazos de visibilización e posta en valor de determinados campos de interese para o estudo, o debate, a transferencia e a determinación dos modos de pensamento que nos representan. A aposta segue en pé.

Autor/a: Margarita Ledo Andión , Emma Torres Romay, José Rúas Araújo e Francisco Campos Freire Ano: 2016Titulo: Anais do XI Congreso Lusocom Categoría: Libro Título revista/libro: Anais do XI Congreso LusocomVolume: 1 e 2Cidade: Santiago de CompostelaPaís: Galicia (España)Editorial: AGACOMISBN: 978-84-8408-925-4 | 978-84-8408-929-2
© 2024 Estudos Audiovisuais