Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

A mundialización, en plural

«É común pensarmos que producir contidos poderá darse co soporte das políticas públicas, pero non parez tan doado asegurar que dese mesmo xeito se constrúa un público. A maior abondamento, o feito de producir contidos sen construírmos un público torna inútil o primeiro dos obxectivos por canto o estranará das relacións sociais de  comunicación. Construír un público enxergando, por exemplo, mecanismos de distribución e de exhibición, construilo dende o interés público, dende o acceso ao que en curto poderíamos chamar representacións do real dende orixes e dende actores diversos, significa entender La culture ao pluriel, e pegar no xiro lingüístico co que nos agasallou o Michel de Certeau. Significa observar os procesos en vencello co seu tempo, aínda que ese tempo sexa o do neoliberalismo, o das súas medidas legais transnacionais e o do interés privado como valor supremo do que se nos apresentou, de inicio como “Autopista”, arestora como “Sociedade da Información”»

Autor/a: Margarita Ledo Andión Ano: 2000Titulo: A mundialización, en plural Categoría: Artigo científico Título revista/libro: A Trabe de Ouro, publicación galega de pensamento críticoNúmero: 42Páxina inicial: 45Páxina final: 56Cidade: Santiago de CompostelaPaís: Galicia (España)Editorial: Sotelo BlancoISSN: 1130-2674
© 2024 Estudos Audiovisuais