Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

A incidencia do espazo mediático na identidade cultural cotiá: espazo público vs. espazo privado

Partindo do suposto de que a produción humana de signos obxectiva unha realidade, este traballo pretende analizar a transcendencia do labor obxectivizadora dos denominados “medios de comunicación” e a súa incidencia na conformación identitaria das súas audiencias. Así partindo dos postulados da Socioloxía do Coñecemento, e da súa precursora a Sociofenomenoloxía, advírtese da importancia da linguaxe na obxectivación da vida cotiá e da súa crecente substitución mediática, co seu inevitable sesgo espectacular, na mediación obxectiva da experiencia do suxeito na súa contorna: unha experiencia de crecente amálgama entre a vivencia directa da contorna inmediata e a percepción vicaria dunha contorna mediática que, no entanto, resulta cada vez máis propio.

Autor/a: Enrique Castelló Mayo Ano: 2012Titulo: A incidencia do espazo mediático na identidade cultural cotiá: espazo público vs. espazo privado Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Anuário Internacional da Comunicaçao Lusófona 2012. Medios públicos e espazo lusófono. Santiago de Compostela: Lusocom/AgacomPáxina inicial: 217Páxina final: 222Editorial: LUSOCOM/AGACOM
Descarga a publicación
© 2024 Estudos Audiovisuais