Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

“A fotografía é unha linguaxe silenciosa” Entrevista a Anna Turbau

Anna Turbau (Barcelona, 1949) é unha unha fotógrafa catalá coñecida polas imaxes que realizou en Galicia a partir do ano 1975, e que axudaron a visibilizar moitas das reivindicacións populares levadas a cabo naquel contexto. Aínda que principalmente vincúlase a figura de Anna Turbau co seu traballo como fotoxornalista, tamén realizou proxectos de carácter documental. A través deles puido desenvolver un discurso propio da realidade que se estaba vivindo. O legado fotográfico que creou para Galicia suscitou un gran interese dentro do panorama artístico español, sendo algunha das súas fotografías adquiridas por institucións de gran prestixio como o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Nesta entrevista, realizada unha tarde de primavera, falamos dos seus inicios, o seu amor por Galicia, o profundo respecto que sente cara ás mulleres protagonistas das súas imaxes, e de todo o que lle proporcionou, e séguelle outorgando, o medio fotográfico.
Ano: 2023Titulo: “A fotografía é unha linguaxe silenciosa” Entrevista a Anna Turbau Categoría: Outros Título revista/libro: Arte, Individuo y SociedadVolume: 35Número: 1Páxina inicial: 327Páxina final: 333Cidade: MadridPaís: EspañaEditorial: Ediciones ComplutenseURL: https://doi.org/10.5209/aris.84777
© 2024 Estudos Audiovisuais