Próxima publicación de “Modos de representación en el cine español posbélico (1939-1950). Costumbrismo, humor, melancolía y reflexividad o la impronta de Wenceslao Fernández Flórez”, de José Luis Castro de Paz
Próximamente verá a luz o libro Modos de representación en el cine español posbélico (1939-1950). Costumbrismo, humor, melancolía y reflexividad o la impronta de Wenceslao Fernández Flórez, onde José Luis Castro de Paz, Investigador Principal do proxecto Cara unha reconsideración da cultura posbélica: análise dos modos de representación no cinema español (1939-1962) a partir da pegada de Wenceslao Fernández Flórez, ofrece ao mesmo tempo unha culminación e un punto de partida tras máis de dúas décadas de pescudas sobre o cinema español dos anos corenta.
O volume constitúe un rigoroso estado da cuestión e o primeiro elo do proxecto recentemente iniciado e, como tal, está chamado a converterse no inescusable cimento historiográfico dende o que ollar con minuciosidade ata que punto os materiais populares a partir dos cales se xeran nos anos corenta (expandíndose e transformándose na década seguinte) as máis singulares e rugosas estilizacións (rechamante reflexividade, presenza de “dobres ficcións”, particularísima subxectividade “pictórica” que paradoxalmente renuncia ó punto de vista subxectivo, desolación psíquica dos protagonistas masculinos, humor e costumismo…) nútrense e/ou apóianse, trócanse e/ou radicalízanse a partir de fondas raspaduras formais cuxo embrión se atopa, en última instancia, na literatura do escritor Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña, 1885-1964), o máis adaptado no período.
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
O vindeiro venres, día 10 de abril, Sara Calvete Lorenzo, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defenderá a súa tese doutoral. A defensa terá lugar na Sala de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela ás 11h. A tese, dirixida pola profesora da mesma facultade Antía […]
