Margarita Ledo, coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais, vén de participar no XV Festival de Documentales Santiago Alvarez In Memoriam celebrado entre o 6 e o 11 de marzo en Santiago de Cuba. Alí, Ledo presentou a súa disertación “En torno a lo viejo y lo nuevo en el documental contemporáneo”, ademais de presidir o xurado da competencia principal xunto a Saudi Batalla (México) e Miriam Talavera (Cuba).
Na súa conferencia, Ledo sinalou que “non foi un cine de montaxe, con materiais moi á man, recuperación de arquivos e resignificación de fotos de prensa, iso estase facendo actualmente dunha maneira expansiva. Con Hanoi, Santiago Álvarez organizou o cotiá coa quebra, que é a guerra, precisamente ese tipo de conflito é algo que define ao documental contemporáneo”. Asemade, avogou por recuperar a memoria do xénero documental e ir creando a propia tradición desa forma de expresión audiovisual.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
