Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

IX Congreso Internacional da Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC)

Aberto o Call For Papers

12/09/2023

A Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC) celebrará o seu IX Congreso Internacional na Facultade de Comunicación e Documentación, Campus Espinardo, da Universidade de Murcia, do 28 ao 31 de maio de 2024 baixo o lema “Comunicación e Innovación Sostíbel”.

O Congreso convoca aos/ás investigadores/as en comunicación, nomeadamente no ámbito español, europeo e latinoamericano, para presentar e intercambiar os seus traballos e reflexións sobre os múltiples e complexos ámbitos e perspectivas comunicativas, pero moi especialmente sobre a innovación sostíbel en comunicación.

A innovación sostíbel en comunicación constitúe un aspecto chave no marco de transformación dixital do consumo, a creación e a distribución de contidos, tanto de ficción coma enmarcados nas estratexias publicitarias e de comunicación, así coma no ámbito da información e a loita contra a desinformación. A comunicación debe innovar para garantir a súa sostibilidade e, ao mesmo tempo, debe transmitir a importancia desta como criterio adaptativo das nosas sociedades.

A estes efectos, convídase á presentación de resumos até o 16 de outubro de 2023.
Toda a información disponíbel, así como o formulario de envío de traballos, está na páxina web do congreso: https://aeicmurcia2024.org

Para calquera consulta, utilice o enderezo de correo info@aeicmurcia2024.org

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais