“Vértigo” como espello de Alfred Hitchcock. Reflexións sobre a relixión, a morte e o desexo
O obxectivo desta tese é ofrecer novas achegas sobre o desexo, a morte e a relixión en Vértigo de Alfred Hitchcock. Tamén estudei o posible final filmado do filme, e un caso real cuxa historia puidese ter influído en Vértigo. O desexo sexa considerado desde o punto de vista do Código Hays, así como desde a perspectiva das Teorías de Alienación de Bertolt Brecht. Por outro lado, conceptos médicos en Vértigo tamén se estudan, prestando especial atención á Melancolía. No referente á intertextualidade en Vértigo, préstase especial atención a textos prebíblicos, a Biblia, e outros textos de procedencia exipcia, grega, romana, mesopotámica, hitita, siria, fenicia, iraniana ou neotestamentaria, e que supoñen un compendio mitolóxico de preocupacións que inflúe en artistas de occidente até os nosos días.