Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Televisión e cultura: Os programas culturais da Televisión de Galicia (1985-2005)

Inscrita no eido da comunicación e a súa relación coa cultura, a tese cuantifica e analiza os programas culturais (entendida a cultura como “alta cultura”) da Televisión de Galicia durante os seus primeiros vinte anos de andaina (1985-2005).

Despois de referir os antecedentes e o estado actual do tema, así como de buscar referencias nun amplo marco teórico, confirmamos a hipótese principal da que se parte: os programas obxecto de estudo supoñen un grande esforzo, con maior ou menor fortuna, por achegar a “cultura culta” ao espectador medio galego.

Descargar

Autor/a: María José López HidalgoDirector/a: Dr. Enrique Castelló MayoData de lectura: 23/06/2010Cualificación: Sobresaliente Cum Laude
© 2023 Estudos Audiovisuais