Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Produción de efectos visuais e técnicas de composición dixital no contexto cinematográfico español. Análise e influencia da dixitalización dos procesos produtivos

O traballo de investigación céntrase nos fluxos de traballo que teñen lugar na creación dun filme, que son analizados desde a perspectiva da produción de efectos visuais e as técnicas de composición dixital como parte fundamental da fase de postproducción. O marcado compoñente tecnolóxico deste traballo ven determinado pola propia natureza da composición dixital, cuxa importancia é analizada na medida en que condiciona a xestión dos recursos que competen ao equipo de produción.

El estudo constata unha tendencia ao aumento na produción de efectos visuais e un aumento na importancia da fase de postprodución. Así mesmo, incide en como a cinematografía española non está sendo capaz de normalizar a presenza dunha figura de coordinación dos fluxos de traballo que se derivan da produción de efectos visuais e que personifique a xestión dos novos esquemas produtivos. Na actualidade, esta debilidade estrutural está dando lugar a situacións nas que o núcleo de produción do filme non ten un control efectivo sobre as fases posteriores á rodaxe, que comprometen cada vez máis recursos. Esta limitación vese agravada poa ausencia de estándares dixitais a nivel internacional, que complican a accesibilidade da información e a comunicación entre as distintas partes.

Só desde a creación de paradigmas de produción áxiles e innovadores, que permitan xestionar correctamente a aplicación de ferramentas dixitais, os efectos visuais poderán converterse nun factor dinamizador do cinema español como industria cultural.

Autor/a: Oswaldo García CrespoDirector/a: Dr. Jaime Francisco Fandiño AlonsoData de lectura: 03/12/2012
© 2024 Estudos Audiovisuais