Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Música popular e sociedade no val do ulla de 1920 a 1936: Unha visión analítica dende a prensa comarcal

O obxectivo desta tese foi estudar como se reflicte nas cabeceiras da prenca da comarca galega d’O Val do Ulla a información sobre a música popular no período de 1920 a 1936. A hipótese da que partimos é que o estudo destas publicacións periódicas permite mostrar a evolución dos gustos en materia de música na época analizada, mostrando fenómenos como o predominio en distintos momentos de diferentes estilos musicais –entre eles os importados polos emigrantes retornados–, a importancia que adquiriron as bandas de música na época, pero tamén a novidade dos conxuntos de gaiteiros fronte aos solistas ou dúos e a relevancia dos coros. Outro fenómeno importante que se analizou foi a relevancia económica da música na época, na que, en parte coma hoxe, as festas e verbenas supuñan unha actividade económica clave para algunhas familias –como as dos fabricantes de cohetes– ou un complemento á actividade cotiá –especialmente para os músicos, en moitos casos labradores ou artesáns que tiñan nas actuacións unha fonte de ingresos adicional–. Consideramos que a información recollida na prensa comarcal mostra ademais o inicio do declive da música tradicional en favor doutras músicas máis modernas; permite tamén saber como os ritmos tocados varían co tempo; e así mesmo comprobar como a situación política local, galega e española en cada momento inflúe nas opinións sobre a música, o número de actuacións ou no número de festas.

Autor/a: Henrique Neira PereiraDirector/a: Dr. Xaime Fandiño AlonsoData de lectura: 04/02/2016
© 2024 Estudos Audiovisuais