Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

LEXCAV. El impacto de la vigente Ley 13/2022 en el tejido audiovisual: hacia una propuesta de modificación para combatir la exclusión digital de las lenguas cooficiales

Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. PID2022-142353OB-I00

Este proxecto de investigación ten por obxecto a avaliación cuantitativa e cualitativa do impacto sobre o sector audiovisual da Lei 13/2022, do 7 de xullo, Xeneral de Comunicación Audiovisual, cunha especial atención á produción audiovisual de carácter independente naqueles marcos xeográficos e lingüísticos que comparten oficialidade co español, tal é o caso do galego, o eúscaro e o catalán. Un propósito orientado a determinar, ao longo dos tres anos de duración do proxecto, as principais fortalezas e debilidades da Lei, propoñendo cantas melloras sexan posibles para unha sociedade lingüisticamente diversa e dixitalmente inclusiva, con rutinas sectoriais disímiles, en boa medida independentes, que dita Lei obviou, tanto na orquestración do seu ideario, como na materialización última do documento aprobado en trámite parlamentario.

Cunha avaliación cuantitativa e cualitativa do impacto sobre o sector audiovisual da Lei 13/2022, do 7 de xullo, Xeneral de Comunicación Audiovisual (LGCA), cunha especial atención á produción audiovisual independente e en linguas cooficiais, sendo a pluralidade lingüística un principio inalienable de toda comunicación e, en especial da audiovisual, pola súa contribución ao patrimonio cultural inmaterial. Así como a determinación das principais fortalezas e debilidades da LGCA, propoñendo unha serie de recomendacións para consolidar unha sociedade lingüisticamente diversa e dixitalmente inclusiva, ante a manifesta inconcreción da Lei.

Débense, polo tanto, valorar tanto a exclusión mediática da produción audiovisual realizada en linguas cooficiais (VO), como o seu grao de inclusión como ferramenta de acceso (VD, VOS, audiodescripción…) a contidos audiovisuais en linguas estranxeiras, xa no marco da televisión lineal ou no das plataformas de streaming; o impacto da Lei na produción audiovisual independente, atendendo á proporción e roles femininos nos equipos técnicos e creativos, así como de xestión empresarial e institucional (variable: orzamento-lingua-xénero); tamén, cartografar os tópicos e fontes primarias documentais de carácter ensayístico, normativo e profesional, a nivel europeo, así como un repertorio de prescritores especializados europeos (de corte académico, institucional e profesional) e, por último, compartir os resultados do estudo tanto a nivel institucional, académico e profesional, como tamén cidadán, para o seu empoderamento nun dos sectores máis relevantes na construción do seu patrimonio cultural inmaterial.

Entidade financiadora: Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la SociedadData de inicio: 01/09/2023Data de fin: 31/08/2026Importe: 98.750 €I.P.: Antía López Gómez, Enrique Castelló MayoEntidades participantes: Asociación de Productoras Independientes de Galicia (AGAPI), Plataforma per la Llengua, TecnoCampus Mataró-Maresme Universitat Pompeu Fabra, Universidad del País Vasco (UPV/EHU), University of South Wales, Asociación Sindical Galega de Guonistas (AGAG), Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI)
© 2024 Estudos Audiovisuais