Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

As produtoras audiovisuais ecuatorianas, contexto, estrutura e perspectivas de futuro

En 1874, o científico alemán Theodoro Wolf proxecta por primeira vez en Quito imaxes da súa lanterna máxica sobre xeoloxía e xeografía dalgunhas cidades de Europa, e en 1887, no teatro Sucre, situado na capital ecuatoriana, exhíbense as primeira proxección cinematográficas. Previamente, en 1849, difundíanse as primeiras fotografías no país. Aa televisión chega a Ecuador a finais da década dos cincuenta do século XX, pero xa en 1920 -segundo a historia do país- rexístrase a creación da primeira empresa cinematográfica adicada exclusivamente á distribución. Posteriormente coñecense algunhas outras iniciativas que hoxe forman parte da memoria histórica do país.

A presente tese analiza o contexto actual das produtoras audiovisuais ecuatorianas, partindo da identificación dunha empresa audiovisual creada nos anos cincuenta do século pasado e que aínda mantén a súa actividade. A pesar de que co tempo se crearon varias empresas deste tipo, aínda non se pode considerar que o audiovisual ecuatoriano sexa un sector organizado nin competitivo a nivel internacional. Como primeiro estudo sobre as produtoras audiovisuais independentes, pártese da revisión e actualización do Mapa de Produtoras Audiovisuais ecuatorianas co fin de determinar a cantidade de empresas que existen no país, as súas características e principais retos presentes e de futuro inmediato. As novas políticas públicas ecuatorianas, encamiñadas a fortalecer o sector audiovisual nacional, xustifican a necesidade de poñer un foco de atención no desenvolvemento, retos e oportunidades dunhas empresas que seguen medrando cada día no país.

Descarga

Autor/a: Carlos Ortiz LeónDirector/a: Ana Isabel Rodríguez VázquesData de lectura: 27/01/2016
© 2024 Estudos Audiovisuais