Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

A televisión pública rexional: O caso de Televisión de Galicia. Dixitalización e evolución tecnolóxica en Televisión de Galicia (1985-2012)

«A presente tese analiza a evolución tecnolóxica da Televisión de Galicia (TVG) desde a posta en marcha das primeiras emisións en 1985 ata o ano 2012, no que se inaugura o que poderiamos considerar a primeira dixitalización MAM desta empresa na Delegación Provincial de Lugo da televisión pública autonómica de Galicia. Preténdese con esta tese establecer que feitos impediron unha dixitalización MAM completa en Televisión de Galicia, ata o momento da súa redacción, setembro de 2015, posto que todas as televisións públicas das nacionalidades históricas españolas, TV3 en Cataluña e ETB en Euskadi implementaron xa unha dixitalización MAM completa en 2003 (TV3) e 2007 (ETB). Nesta traballo tamén establecemos un paralelismo evolutivo na dixitalización MAM entre TV3 e ETB, as outras dúas televisións públicas das autonomías históricas, polas súas características comúns con TVG (comezo común aproximado de emisións, xustificación de promoción dunha lingua propia, estruturas empresariais e organizativas similares, etc.). Xa que logo este traballo de investigación pretende afondar tamén nas consecuencias dos cambios en fluxos de traballo que a dixitalización MAM leva consigo, pretendendo establecer como “Case study” a implantación do sistema de traballo con arquivos de datos informáticos para o proceso televisivo na Delegación da TVG en Lugo en 2012, en substitución do traballo con cintas de vídeo e magnetoscopios».

Descarga

Autor/a: Rubén García DíazDirector/a: Dr. Xaime Fandiño AlonsoData de lectura: 05/02/2016
© 2019 Estudos Audiovisuais