Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Galicia en NO-DO: comunicación, cultura e sociedade (1942-1981)

O proxecto de investigación Galicia en NO-DO. Comunicación, cultura e sociedade (1942-1981) constituíu unha ollada analítica verbo da imaxe de Galicia construída dende o noticiario cinematográfico, en tanto instrumento crucial no aparato de propaganda franquista e, en consecuencia, de adoutrinamento por parte do Réxime ditatorial. Deseñouse, con tal finalidade, un minucioso análise fílmico que nos permitiu acceder á comprensión profunda, espectacular e informativa de cada peza, desvelando os procedementos formais e expresivos aplicados, así como a construción da idea ‘Galicia’ que emana dos mesmos.

Entidade financiadora: Consellería de Innovación e IndustriaData de inicio: 31/12/2010Data de fin: 31/12/2011I.P.: José Luis Castro de PazInvestigadores participantes: José Luis Castro de Paz
© 2024 Estudos Audiovisuais