Fotojornalismo Performativo. O serviço de fotonoticia da agencia lusa de informaçao
A tese investiga o fotoxornalismo, unha actividade pouco estudada a pesar do papel relevante que cumpre no campo dos media, desde a perspectiva do Newsmaking, aspectos profesionais e discursivos do fotoxornalismo a partir dunha ampla contextualización histórica e desde parámetros específicos das Ciencias da Comunicación. Proba que unha organización de noticias como a Axencia Lusa, parcialmente substentada polos contribuíntes portugueses, debe perseguir, nun Estado de Dereito, unha lóxica de servizo público que non se esgote na produción rutineira da fotoinformación.
O autor parte da idea de que os fotoxornalistas teñen obrigas e responsabilidades para cos seus concidadáns. E conclúe que o servizo público deberá ter calidade, fomentar a cordialidade e o civismo, e ser vehículo de educación.